sábado. 04.04.2020 |
El tiempo
sábado. 04.04.2020
El tiempo

Nós/Vós

DERRADEIRA SEMANA electoral enfilando todas as monturas e os seus xinetes a recta de meta, e algúns deses cabalos semellan ser cabalos de máis. Aí teñen o caso galego de Nós e as Mareas , que desembocaron nunha estraña alianza co Podemos do benaventurado Pablo Iglesias , que abduciu os capitáns enchidos de votos e soños desas mareas para atraelos ao seu carón, frustrando ó que debería ser unha fronte común de tinte galeguista. Amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale, semella ser o slogan dos dous partidos con ascensión galega. O BNG , mimetizado nese Nós, coa estrela que según Callón sinala o credo verdadeiro, e os En Marea Podemos , que serían Vós. Nós e Vós, ben separadiños, restando votos a un proxecto galego en común que se verá menosprezado por esa división, por eses dous cabalos correndo e gastando forzas por unhas siglas diferentes que deberían ser unha soa. De novo a falta de unidade nesta terra cando se trata de defendernos a nós mesmos. Intereses partidistas, pensar que se gañarán máis votos subíndose ao carro das modas... e así sigan apuntando as razóns que a vostedes lle parezan, pero a realidade é que o acordo, cando se trata de ir nunha mesma dirección, semella sempre imposible. Poucas ocasións teremos tan boas para que xurda unha única voz con forza dende Galicia, agora, con dous cabalos loitando entre si, todo semella que ambos chegarán rebentados, e o pior, con lesións de cara un futuro sobre un mesmo cabalo.

Nós/Vós
Comentarios