Opinión

O cumio do ridículo

Coma nas etapas de alta montaña, os esforzados políticos, representantes institucionais, delegacións e equipos colaboradores, sudan a gota gorda, dun cumio a outro, como exemplo palpable de traballo, esforzo e fraternal deportividade, que determina un vencedor con subalternos que o aclaman. Na actualidade máis inmediata, terminou en Madrid un deses, propiciado pola Otan, para felicitarse e autocomplacerse da excelente actuación respecto a guerra con xenialidades como «contención non é inacción» ou «deixe en paz a Ukraína», aplaudidas entre amigos e colegas do mesmo club.

E poucos días atrás, rematou en Exipto a COP27, sobre o cambio climático, que , rebaixando os compromisos de París e Madrid, xurdidos entre a preocupación e certo optimismo sobre o futuro, reuneu a numerosos países, maioritariamente os do G-77, para tratar, prescindindo claramente de máximos ou medios, un acordo de mínimos, que debía consistir na creación dun fondo destinado a «costear o cambio climático nos países en desenrolo» ó que, despois de duas prórrogas, e o «esforzo ata o agotamento» chegouse sin concretar canto, nin como, ni cando. 

Pero o central do asunto que recolle o título, é o ridículo que xa supoñía o representante da Comisión Europea que se produciría si non se chegaba a algo, ou a ese acordo de mínimos, pero que, con todo, non se superou, pois pode entenderse, en primeiro lugar, como culminación dun ridículo xa previsto a priori, cando os países máis industrializados, e contaminantes, poderosos e influintes, China, Rusia, India e EE.UU., non asisten a tal conferencia, pois non era de necesidade perentoria.

E tamén pode entenderse como que a conclusión final é en sí mesma ridícula, por grotesca, aparentemente pretenciosa, como un mal arreglo para sair do paso, que a súa vez patentiza algúns aspectos a ter en conta: en primero lugar, a exteriorización meridianamente clara por parte de actores importantes da estratexia mundial, —Timmermans— que «non debemos facer o ridículo», e decir, non caer no vergoñento, primando, claro está o parecer sobre o ser, aquelo tan vello do «ser é ser percibido», ou sexa, o importante ou o único, é a apariencia, ou contar boas noticias e historias atractivas, tanto no G-20, na Otan, na UE, ou nas do clima, con vagas declaracións de intencións preparadas para saltarse á mínima. 

E en segundo lugar, pasando da Estética á Ética, que teñen matices intercambiables —o ben e a beleza, nos Idealismos— existe unha «hiper-inflacionaria» utilización do termo Ética que suele identificarse con Moral, confundindo ideas ou superpoñendoas indiscriminadamente, pois o carácter —éthos— pode influir no hábito-ethos- pero non necesariamente como conxunto de costumes-mores, sendo persistentes e pertinaces as prédicas e soflamas dende púlpitos diversos apelando neste caso a necesidade —ética, por suposto— dunha conducta responsable dende o presuposto ecolóxico, con múltiples perspectivas, como única luz que ilumina o mundo, e que teñen ferviente acollida, por un lado, e rexeitamento e indiferencia por outro; sempre hai de todo.

No primeiro sentido e voltando á moral, retómanse os principios utilitaristas cos que se iniciou a reflexión ética, xa dende Sócrates e o intelectualismo moral, o ben é o útil, determinado polo coñecemento, que, con distintas matizacións nunca se abandonou, agás, tal vez, coa ética formal, e culmina co utilitarísmo inglés dos Séculos XVIII e XIX de Bentham e S. Mill: O ben, como principio determinante da conducta, é o útil, fundamentalmente o que produce satisfacción e pracer, e rexeita a dor, para o individuo e a sociedade: «O maior ben para o maior número», incluindo no útil, claro está, a saúde, a alimentación, o amibiente, a vida agradable ou en diversión.

No segundo sentido, a necesaria preocupación polo quencemento global e o futuro do Planeta, que ten acollida en parte da población en diferentes graos, dende certo panteísmo relixioso —Deus sive Natura— á prácticas cotiás como separar o lixo, non ten, con todo, o seguimiento e aceptación que se supoñía, como se pon de manifesto nesta última reunión que parecía ser sobre o «enfriamiento». Pero, fundamentalmente, porque os humanos, imaxinativos, previsores, anticipativos non somos en xeral, e menos queremos ser, escravizados ou condicionados por un futuro lonxano, —«cuan largo me lo fiais»— ó que se engade a categoría do incerto ou indeterminado, rexeitando o de apocalíptico, tal vez polos recordos acumulados de que nunca se cumpriron as procefías bíblicas. 

Ademáis en calquer caso, a primaria e privimitiva tendencia —por tanto, a máis forte— é o disfrute máximo que sexa posible, de maneira inmediata, incluso co cálculo medido dunha aritmética no ‘carpe diem’. Coma en todo, hay distintas e variadas maneiras de percibir a situación, dende o optimismo do vaso medio cheo o pesimismo de medio baleiro. Pero sin ver a turbidez e a turbulencia do líquido.

Comentarios