Opinión

Libertade de expresión

Definitivamente o ‘homo faber’ superou ampliamente ó ‘sapiens’, a quen leva da man como si fose un neno: «Non faigas preguntas e tira para adiante». E o orgullo e a vanidade da técnica e tecnoloxía como vector que dirixe o proceso histórico e social, coa axuda, claro, da ciencia, pero non da reflexión, que só participa como comparsa. Tamén, como en calquer outra época, existe a conciencia dunha novidade superadora, parcialmente nalgúns aspectos, dos ‘tenebrosos e antiguos’ rexímenes pasados, que darían paso á Modernidade científica, «semellante á sabiduría divina»; a ilustración e o Antigo Réxime, o Marxismo «coas relacions burguesas de producción remata a prehistoria da sociedade humana», ata o posthumanismo que deixa tirado calquer humanismo. E así sucesivamente: ‘somos os mellores’, a pesar dos nostálxicos. Estes, pois, son os tempos da cibernética, dos robots, da intelixencia artificial, con aplicacións universais, e tamén das comunicacións e relacións interpersonais, a través das redes sociais, en coherencia con algo tan vello da antítese humana, como a atracción e a repulsión: Despois da utilización compulsiva, «e que nos controlan», «nos espían», «nos enganan», é decir, «eles e nosoutros», cuios donos fan cambiar o rebaño de pasto —de gustos— segundo a estación.

Por renovar algo o perezoso discurrir e a discusión sin fin, coma a infinita reflexión dos espellos, xurdeu fai uns meses a proposta de Facebook de xeralización da realidade virtual coa innovación do metaverso, no camiño de minar a creencia na realidade obxetiva e na verdade, que queda difuminada nunha perspectiva, ‘novidade’ que xa fora descrita con todo detalle fai dous mil quinientos anos na República co relato do Mito da Caverna, pero coa diferencia, xa comentada, que neste caso a pretensión era sinalar unha saída na búsqueda do coñecemento, e na solución actual parece ser o retorno ás imaxes e sombras que aparenten o que se quere ver, coa ilusión de obxetividade.

Mais recientemente xurdeu a noticia da posibilidade de compra de Twitter por parte da corporación dirixida por E. Musk, para, según se dí, ampliar ó máximo a libertade de expresión, con múltiples implicacións en variados campos, particularmente na información, na libertade de prensa, nas comunicacións oficiais, nas opinión autorizadas ou de calquer influencia dos miles de grupos que sexa. Con todo a repercusión mais directa está nas redes sociais, de constantes intercomunicacións individuais, que, en moitas ocasións, só teñen como finalidade, e raíz antropolóxica, rechear o hastío e valeiro, que se xenera, según Heidegger, na existencia banal, oculta por o constante parloteo e cotilleo, que xa caracterizou Teofrasto como charlatanería, locuacidade e algo tan común como a maledicencia, co seu poderoso atractivo. Pero posiblemente o esencial do asunto e a relación co tema de verdade que se expresa nun xuicio como «adecuación do entendemento e a cousa» que se sintetiza no ‘logos’, tanto razón como palabra. Dahí o problema da falsidade nos enunciados, ou da mentira no eido moral, para pasar á postverdade e os seus profetas, tamen en relación, entre otras, coa corrección política que analizou Dario Villanueva.

De maneira semelllante ó metaverso, tampouco o da libertade de expresión é de descubremento reciente, pois xa os Sofistas ensinaban a facer discursos sobre calquer tema, fundamentalmente político, segundo intereses, coa confianza absoluta no poder da palabra, que sin embargo, pasaría por múltiples inquisicións ata chegar á Ilustración. E foi precisamente Kant quen fixo o xigantesco esforzo intelectual de asentar a humanidade sobre os dous pilares de Razón e libertade, con as duas manifestacións desta: civil e de conciencia. Particularmente, en canto á primeira, «unha constitución que promova a maior libertade según leis que a faigan compatible coa dos demais, é como mínimo unha idea necesaria», coa que debe perseguirse un ‘máximum’ aínda que non sexa posible, pois tampouco se poden plantexar os límites. Por iso mesmo defendía e admiraba a Federico II que, como gobernante, fora capaz de permitir ou recomendar facer uso público da razón e expoñer ó mundo as ideas, incluso criticando a lexislación «Razoade canto queirades e sobre o que queirades, pero obedece», porque Kant partía da convición optimista no progreso humano, que se vai modelando a si mesmo. E neso parece haberse equivocado, pois xa non fai falta o imperativo, nin ninguna restricción, pois na mesma mensaxe van implícitas as consignas, e como modelo deixa que desear. 

En todo caso, a condición humana parece estar sometida a un destino singular: aspirar a un coñecemento problemático dende o principio antrópico, que é condicionante e condicionado, e manter a ilusión de libertade, por non poder ver os barrotes da xaula.

Comentarios