Opinión

Expertos


Entre a teoría inflacionaria e a da moda de Pantone, podería enmarcarse a reciente eclosión e profusión do termo «experto» como sustantivo ou adxetivo aplicado a quenes se lles atribúe unha importante experiencia en certos traballos, actividades ou coñecemetos, que, en xeral, tampouco se esforzan en rexeitar. Só unhos exemplos dos últimos días: «Según o testimonio de diversos expertos, si esa chamada fora trinta segundos máis breve….», «o experto militar indica que hai resistencia en Soledar», «A doctora experta en melanoma…», «o experto cree que as medidas máis eficaces son a flexibilidade laboral», «os expertos creen que o pico da incidencia en China…», «o experto en estatística… di: o maquinista non é Deus, é humano e equivócase»m que sintetiza a sabiduría experiencial. E así nunha cadea ilimitada de coloquios, conferencias, entrevistas e comparecencias televisadas.

Pero o asunto empeza a complicarse cando hai opinións ou incluso contadicións nas previsións e na interpretación dos feitos, como no caso da guerra de Ucraína —que si durará meses, que si máis larga e esmorecida, que si a amenaza nuclear, e por certo xa casi nadie fai caso—; como pasou e esta a pasar co covid —que sin control, que mascarillas, que as novas variantes….—; ou por ser un caso próximo, a repetición do xuicio á autora do crime da pequena Desirée, porque a decisión non estaba suficientemente explicada, sin poñer en duda o acerto, pois os informes periciais das expertas en psicoloxía e psiquiatría non tiñan univocidade en canto a afección total ou parcial das facultades mentais da acusada, coa implicación engadida da terceira opinión que levaría ‘ad infinitum’ nunha cadea inviable, aparte do problema da libertade ou necesidade nun acto criminal.

O contexto humano, que se desenrola na historia, sempre tivo, en maior o menor medida, situacións e épocas convulsas e confictivas, que potencian a búsqueda de orientación e explicación nun mundo caótico, perigoso e, sobre todo, imprevisible. Esa era a función dos oráculos, coma aquel máis coñecido de Delfos, dos adiviños, nigromantes, augures e profetas, que proliferan por doquier. Talvez, con distintos criterios, esa é a motivación fundamental da apelación de «expertos» por parte dos comunicadores, a quenes, dende variados púlpitos tratan de poñer luz na escuridadede, xustificando algo que se desexe, ou como no mundo en tebras que decía Pope, ou cando se levanta o telón do escenario e xurde a figura iluminada: «¡A calar! Vai falar o que sabe».

Hai que ter en conta que de calquer experiencia, que sempre é pasada, non se segue necesariamente o suceso futuro, polo que os expertos acertarán ou non

A palabra provén, e esta directamente relacionada, con experiencia, de ‘empeiría’, con unha longa tradición na gnoseoloxía, a partir de Aristóteles, de desenrolo no Empirismo dos séculos XVII e XVIII, e do Positivismo e Neopositivismo posteriores. E sobre todo na Epistemoloxía, pois, deixando aparte os esquemas teorícos deductivos na Física e na Cosmoloxía, a comprobación vai a ser a pedra de toque do desenrolo científico na Época Moderna, baseado na experimentación e no experimento, pois «a experiencia é a mai da ciencia». Con moitas matizacións, porque nin o coñecemento en xeral, nin o científico en particular, baseanse primordialmente nela. Xa dende Leibniz «todo o que hai no entendemento provén dos sentidos (o empírico) agás o entendemento mesmo», porque as intuicións empíricas sin o concepto «son cegas». 

Ou sexa, experiencias e expertos, por si sos, non din nada, senón son dirixidos polo modelo apriorístico que constitúe a teoría, como esquema interpretativo da intelixencia a partir da lente do cerebro. Por iso mesmo, despoxando o termo experto da súa carga propagandística ou intencional, podería ser sustituído por outros menos pretenciosos, como por exemplo profesional, investigador, científico ou especialista, dende albañil a pediatra, por decir algo.

Por outra parte, hai que ter en conta que de calquer experiencia, que sempre é pasada, non se segue necesariamente o suceso futuro, polo que os expertos acertarán ou non, según a ruleta da proporción, que xa se plantexara co problema da inducción, ó que se lle dá saída, dende o punto de vista matemático, coa estatística, as probabilidades e a teoría dos modelos; deixando aparte, claro está, a imposibilidade de decidir sobre o caso concreto ou a singularidade. 

É innegable que o progreso científcio basease na conexión de proxecto teórico e comprobación, diseñados para que a realidade ‘responda’ ás preguntas que se lle fagan. E tamén que, en xeral, síguense as opinións dos expertos, si conveñen, ou incluso dos charlatáns. Pero, paralelamente, xurde a paradoxa de que esa experiencia non se segue, nin se utiliza, nin se aproveita, tanto a nivel de sociedade, pois a historia repítese nos fracasos, nin nos individuos, tropezando nas pedras que sexa, e cada quen busca a súa, aínda que os expertos en sí mesmos non poden saber o que pasará á volta da esquina.

Comentarios