Opinión

O espectáculo da cobardía

«Rusia bombardea a civís», titular do outro día. E qué? «Putin avisa que non parará». E qué?, A poboación de Mariúpol non puido sair. E qué?. Nin antes nin agora, ninguna reacción, como si non pasara nada. Bueno, non pode utilizar tarxetas de crédito, bloquearonse as contas e limitouse o comercio. «E coidado, que vou a por quen preste apoio directo». Como é un tolo, non convén alteralo, e ademáis, din os ‘expertos’ occidentais, un enfrentamento tería consecuencias imprevisibles. Así que, quietos e a ver que pasa. Paralelamente, nunha rúa calquera, dunha cidade calquera, cando un lobo ouveáballe á lúa nun monte lonxano, o matón do barrio dáballe golpes a outro veciño máis débil ata na súa identidade, co aplauso dunhos e contemplado en silencio atónito por outros, algún dos que, rematado o desproporcionado ‘combate’, limparonlle as feridas.

Tamén nestes días contemplase, tal vez cómodamente, outro espectáculo máis cruento e devastador, con proxectís de fogo real, incendios e fume, cascallos e colapsos doutra ‘ruina montium’; e xente, atemorizada, despavoriada e aterrorizada, cos ollos clavados nun horizonte imaxinario de salvación; chamanlle invasión, agresión, masacre…. ou, como decía o outro «é a guerra, idiota!». ‘Fazañas’ bélicas que sin tebeos son retransmitidas con todo luxo de detalles e toda a variedade de entrevistas. E claro, despois da visión atónita, xurde en casos a solidaridade individual con axudas directas ou indirectas, ou baixo o paraugas protector que os dirixentes europeos poñen con todo ‘esforzo e empeño’ en acoller os refuxiados, de Ucrania, por suposto, como aparente compensación o fondo da cuestión, semellante á ‘exemplar’ fuxida de Afganistán: o ocultamento e o silencio infame da cobardía e do medo ante os que, pola razón da forza, asaltaron o país.

Claro que a guerra nunca é desexable e menos a priori — «A Paz pertua», que non é posible pero hai que actuar como si fora— agás as excepción dos mercenarios e dos belicosos, que, dende o principio teñen abandonada a racionalidade, polo que afirmar «no á guerra» é a pura tautoloxía do principio de identidade  da razón: «o ser é e o non ser non é». Ou como decir ‘sí á vida’ porque o contrario e irracional. Pero esa racionalidade abstraída do ser humano vólvese unha entelequia, pois, a pesar de Hegel, a realidade biolóxica, antropolóxica, social ou política, contradí as esixencias desa racionalidade ou ten outros compoñentes, pero non por gusto, senon porque é así. Aqueles que máis admiraron a razón, os gregos, —e casi a ‘inventaron’—, creeron que había que preparar ós soldados ante posibles invasións externas.

Recollendo pinceladas do evolucionismo biolóxico — «o soño de toda célula é devir células» ou as colonias de seres vivos tenden á expansión ata que as condicións son desfavorables— do darvinismo social, conxugado co irracionalismo vitalista, «expansión, ofensa e avasallamento», como principios do superhome nietzscheano, sirven para asentar unha concepción ideolóxica que xustificará, na época contemporánea, os imperios. Pero parece que ninguna xeración aprende da súa precedente inmediata e ainda parecen resoar en moitas estructuras políticas, dende a Otan a Rusia, o ‘espacio vital’ que obsesionaba a Hitler, e poida que sexa, para o caso, indiferente que Putin sexa tildado de megalónomo, sátrapa, dictador ou paranoico—non fixo  ó psicotécnico— pois é coxuntural. 

A cuestión é que o outro bloque occidental arrastra en parte a esquizofrenia de representar os ideais das revolucións liberáis, da racionalidade, de asumir o feito de ser a ‘lux mundi’, cos recordos, xa relegados ó inconsciente, dos asasinatos de miles de inocentes, con bombas incendiarias e con total intención en Bremem, Stuttgart e sobre todo en Dresde, cuios habitantes sentíanse seguros. Ou Indochina, ou as recientes actuación no SO asiático. E agora hai que tragar.

As voces xa casi apagadas e resignadas, de antes e de agora, que piden axuda, resoan no baleiro entre un cálculo de probabilidades de evitar o ‘mal maior’, con futuro imprevisible. Non está cuantificado o número de víctimas civís que teñen que rendir a vida nese cálculo demoníaco. Só pragmatismo. Non se poden prever os golpes que levará aquel rapaz enclenque para que o outro deteña a súa violencia. Pero os demais, con algunha excepción, seguen mirando o espectáculo, tamén porque son cobardes.

O mundo só é idílico nos contos infantís ou no prado cheo de frores que podería significar, a parte da paz, o ‘para pacem’. Os mecanismos agresivos, a orixe da violencia, o ‘homini lupus’, a maldade conxénita, son asuntos que non veñen ó caso. Eiquí, agora e despois, nesta, coma noutras situacións, o importante é non ter medo cobarde se se quere manter a dignidade.


 

Comentarios