Opinión

Empatía

Nun destes días coma os dos antiguos invernos, Anselmo, que gustaba das novedades, achegouse a dar o pésame a un vello amigo, pola morte de seu pai: «tes toda a miña empatía», que o fillo do difunto interpretou como que quería empatar, tal vez na dor, con el.

Decididamente, aparte da noción de progreso, técnico e tecnolóxico, Comte non estaba acertado cos estados da evolución do espíritu humano, teolóxico que correspondería á infancia, metafísico á xuventude, e positivo á madurez, pois o infantilismo perviveu no conxunto social, coma un parvulismo xeralizado, conducido por mestres doctos que portan as pancartas da excursión. Dende púlpitos diversos predícanse ideas, gustos, conducta, vestimentas, e palabras por medio da retórica e da moralina. Unha das expresión máis utilizadas é a de «tomar conciencia», que representa a quinta esencia da educación que debe ter o rebaño informe, para acadar a ‘madurez’, á que non chegou en miles de anos. Neste contexto, utilízanse otras moitas con finalidade de condicionar a comprensión do cidadán expectante ante calquer situación, coma no formalismo lingüístico, herdeiro das ‘formas a priori’ kantianas. 

Por exemplo, ‘expertos’, de repetición compulsiva, co propósito de xustificar con rotundidade, e avalar calquer decisión gubernamental e contestar á pregunta ¿qué sucederá? e que se constitúe como sofisma ‘ad hóminem’ pola atribución de autoridadde a quen afirma unha opinión concluinte, en oposición e contradición con otras do mesmo rango. As maiores, parece non terse en conta que provén de experiencia, “empeiría”, como comprobación “de facto” e sistemática de calquer saber. Pero do futuro, -o problema da inducción- claro está, non hai ninguna experiencia, ‘xa se verá’, ou, doutra maneira, tampouco hai coñecemento do azar e das mutacións, tan só probabilidades e modelos, que si menexan os investigadores e científicos adicados ó asunto, pois expertos en futuro só son os adiviños. 

Como eixo central deste relato está a ‘empatía’, neoloxismo relativamente reciente- na Academia en 1984- utilizada maioritariamente en contextos éticos e psicolóxicos, a partires da súa posta en marcha en Inglaterra a principios do S. XX, que se define como a proxección afectiva dun mesmo sobre algo ou alguén, a identificación emocional con outra persoa, sentindo o memo e comprendendo as súas emocións e sentimientos, entendendo e compartindo…., que, así en xeral, parece algo positivo, desexable e, por tanto, recomendable: «hai que ter empatía». Pero debense matizar algúns aspectos: En primero lugar a palabra provén etimolóxicamente do grego ‘en’, en ou dentro de, e ‘pathos’, ‘pathema’, de ‘pasjo’, co significado de sufrir, soportar, ou padecer, para chegar ó sentimento como pasión, que na Grecia clásica, non se atopan unidas, ainda que se insiste en ‘pathematos’ ou ‘pathos’, como talante primitivo, que influirá no ‘ethos’, como carácter, fundamento da ética. O irracional e o racional mantéñense separados, e non parece posible eso de unificar, «comprendendo as emocións e paixóns», que pertencen a ámbitos distintos.

En segundo lugar, o significado provinte da unificación das palabras constituintes, de ‘estar no sitio do outro’, ‘sentido o mesmo’, non é posible, nin física —salvo nunha interpretación cuántica—, nin psicolóxicamente, a menos que o outro desaparezca, ou haxa unha identificación total, tamén imposible. Facerse cargo do sufrimento alleo non significa nin de lonxe querer estar no seu sitio, ‘en’, e menos si é insoportable ou terminal. Sin embargo é posible estar co paciente ou co que sufre,que se describe con moitas palabras como consuelo, confraternidade, altruismo, sintonía, compasión, condolencia, solidaridade, cariño, ou simpatía —que non é só cuestión de gracia— e que xa existía na remota antiguedade, pois ‘sin’ significa ‘con’. Estar ‘en’ pode pertenter a linguaxe mística, —o corazón non descansa, «ata que descanse en Ti»— e empatizar podía equivaler o xenérico de «amádevos os uns os outros».

En terceiro lugar, claro que existe un intento de aproximación a situacións afectivamente complexas para o individuo e as súas motivacións psíquicas, incluido as do asasino que trata de sentir o que sente a súa víctima, ou da víctima respecto do asasino —máis aló do síndrome de Estocolmo— imposible ‘per se’. Ou tamén na pretensión dun dos irmáns que mataron os pais: «igue sendo un asesinato, pero quero que ó comprendas». Pero pode existir simpatía hacia os asesinos, non só amnesia, coma cos crimes nazis, porque «o semellante únese ó semellante» e algo de todo —tamén deso— existe en cada un. A casuística é moi variada e a comprensión só o alcance de confesores, psicólogos e artistas. Os demais, tratando de axudar no que se poida, pois as persuasión retórica para a virtude ten pouco percorrido na moral social, a non ser ‘As Leis¡ e a xustiza legal —dos fundadores da Ética—, coa equidade na aplicación. 

Despois do duelo, Anselmo, reuniuse con outros vellos amigos, que detrás da cea estivieron toda a noite contándose as súas penas, ‘empatizando’ ata o amencer. Outro augardente que somos continxentes! Co que celebraron por fin que non se acabara o seu mundo, porque estaba saíndo o sol.

Comentarios