Opinión

O despilfarro dos fondos europeos en Lugo

Nestes últimos meses estase a falar novamente dos fondos que chegarán a España desde Europa, os Next Generation. Máis de 140.000 millóns de euros que supoñen unha importancia vital para a recuperación económica do noso país, tras a crise da Covid, que debe contar con mecanismos de supervisión e control sobre ss axudas, para unha eficiente xestión dos meses.

Isto lémbrame os moitos millóns de euros cos que contou e conta o Concello de Lugo en diversos programas de desenvolvemento procedentes Europa. O último, xa rematado en 2017, o Plan Urban,  cun total de 10 millóns de euros e agora está levándose a cabo os fondos Dusi, con 12,5 millóns. Aos que tamén hai que engadir os mais de tres  millóns e medio do proxecto Life. Europa destina, normalmente, un 80% deses recursos, e o resto son recursoas propios da administración. Máis de 25 millóns de euros que, sen dúbida, serían unha gran oportunidade para Lugo se a súa xestión non estivera movida pola improvisación ou o postureo.

Nestes últimos anos puidemos comprobar como en moitas ocasións, se dilapidan cartos públicos sen ningún tipo de pudor. Poñanos algúns exemplos:  Co Plan Urban pretendíase revalorizar e transformar a Praza e o Mercado de Abastos, para o que se destinaron 1,8 millóns de euros. Hoxe en día, aínda se están levando a cabo obras de reforma no semisótano, cun orzamento de 586.000 euros, sumados os 30.000 que se gastaron despois de finalizar as obras de reforma. 

Tamén se rehabilitou o Vello Cárcere, cun coste de 4,2 millóns. Pero tamén quedou sen rematar, e obrigou a varios contratos posteriores de máis de 50.000 euros para poder abrila ao pública. E a día de hoxe, a cafetería que existe na última planta aínda segue pechada, e iso cando o goberno anunciara a súa apertura para 2018, e logo de facer obras en 2020 por valor de 30.000 euros para impulsar a súa concesión.

Unha oportunidad histórica perdida

Perso seguimos co Muramiñae, co programa DUSI, presentandos como o proxecto estrela de Lara Méndez como alcaldesa, que ten por finalidade integrar o río na cidade. Presentouse unha pasarela para chegar ao campo de fútbol cun orzamento inicial de 600.000 euro. Licitouse, por case un millón de euros, con todas as forzas políticas en contra  (tamén o BNG, que hoxe cala e mira para outro lado) cando xa había un paso subterráneo que había que arranxar, que, por certo, acábase de anunciar o seu arranxo, por máis dun millón de euros.

Tamén está o proxecto das termas, que, como non é posible facelas con augas termais, pois faranse con auga requentada.  Non se sabe canto nos costará o proxecto final e o mantemento das mesmas, pero a previsión do custo da obra fai un ano era para Méndez de  300.000 euros, hoxe xa supera os 900.000.

E finalmente rematamos co proxecto Life. Un proxecto pioneiro, que entre os seus obxectivos, está un barrio multiecolóxico con 900 vivendas novas, nunha cidade onde unha de cada cinco vivendas está baleira. Ou tamén un edificio verde, que se licitou por un millón e medio de euros. Un edificio pioneiro, pero que non se sabe para que se utilizará e que suporá o seu mantemento ás arcas municipais. E por non olvidarnos dos 785.000 euros que o goberno quere destinar a hortos urbanos.

Aínda que os cartos procedan de Europa, a súa planificación e a súa xestión debe ser exhaustiva, e non froito de decisións improvidas ou simplemente tomadas pola presión de ter que gastar os cartos. Sobre todo, porque, en ocasións, eses proxectos acaban por hipotecar as arcas municipais.

Se estes cartos saísen do peto da alcaldesa, de seguro que o seu control sería minucioso. Neste caso, aínda debería selo máis, porque saen dos petos de todos os lucenses, a quen hai que, realmente, rendirlle contas.

Comentarios