Opinión

O burato sen fondo do Garañón

En febreiro deste ano, o Concello de Lugo asumía o pago de 2,4 millóns de euros pola indemnización da Fábrica da luz. A pasada semana aprobou un suplemento de crédito de case un millón de euros para dar tamén cumprimento a unha sentenza.  A isto haberá que engadir a indemnización que lle corresponda ao promotor, que segue sendo un tema tabú do que non se quera falar, pero que, sen dúbida, asfixiará as arcas municipais. Neste ano van máis de tres de millóns de euros que pagamos todos os lucenses para facer fronte a decisións tomadas polo partido socialista nos anos que leva gobernando esta cidade. Tres millóns de euros perdidos.

A alcaldesa Lara Méndez afirmou que ela sería a alcadesa que tiraría as torres do Garañón. Torres que, por certo, son o símbolo de anos nos que Lugo acaparou portadas e titulares dos medios de comunicación e non precisamente por boas novas. Somos moitos os lucenses que estamos esperando que, por fin, se cumpra coa legalidade e desapareza ese esqueleto de ladrillo e ferrume que preside unha das zonas máis bonitas da nosa cidade.  É necesario avanzar na súa recuperación, pero iso tampouco supón un cheque en branco ou unha mostra de confianza cega nas decisión de lara Méndez, quen pretende darlle a volta a tortilla e vender como un logro o derrubo das torres. Un logro non é hipotecar as contas públicas deste xeito e moito menos facelo para cumprir cunha sentenza xudicial froito da mala xestión socialista desde fai máis dunha década. Pero por si fora pouco, o Goberno local  segue ocultando o que haberá que pagarlle ao promotor.  Levan anos dicindo que están en proceso de negociación. unha negociación que saben perfectamente que coa conversión total  de zona verde, a súa repercusión económica será moito maior. O grave é que iso non aparece en ningún dos informes municipais e que nons e informe a veciñanza que ten dereito a sabelo.

O acordo plenario presentado en novembro de 2018 por todos os grupos da oposición contemplaba o estudo de todas as alternativas posibles, optando pola que menor incidencia económica supuxera, tendo en conta a conversión en zona verde da maior superficie posible e con menor impacto visual. A pesar deste acordo o Goberno oculta as contas sobre O Garañón. Gustaríanos que ese informe tamén comtemplara cal é a diferencia económica que supón elexir entre as distintas opcións. Porque eses datos non aparecen por ningures.  Ou, polo menos, que indicaran canto nos custará aos lucenses. Xa que o imos a pagar todos nós, polo menos deberían explicarnos tamén as distintas consecuencias económicas. Pero segue a ser un tema tabú.

Este sentir era compartido ata fai ben pouco por Rubén Arroxo e os concelleiros do BNG: "Antes de dar o paso de convertir esta parcela en zona verde, hai que comprobar que dereitos adquiridos ten o promotor e canto tería que pagarlle o Concello; antes de tomar unha decisión, hai que coñocer os efectos reais que pode ter para o Concello", espetoulle en 2018 o hoxe primer tenente de alcaldea a alcaldesa. Sen embargo fai tan só uns días os concelleiros do BNG votaron todo o contrario.

Non é coherente que os cocnelleiros e concelleiras do BNG apoien esta proposta do PSOE desdecíndose do que esixían fai uns meses, polo que non estaría de máis que facendo uso da transparencia da que presumen compartisen a información que ucultan a cidadanía co resto de grupos é tamén con todos os lucenses. Así, tendo enriba da mesa, todos os datos e como se toman as mellores decisións, as que defenden e priman o interese xeral e non os caprichos duns poucos. De isto xa tivemos bastante, e, por desgracia, este ano vemos as consecuencias dos mesmos.

Comentarios