Sábado. 22.09.2018 |
El tiempo
Sábado. 22.09.2018
El tiempo

Vicente Berdei e compañía

DÚAS PERSOAS xogaron a vida para rescatar unha muller no río Miño. Non se coñecían entre eles, pero non o pensaron dúas veces, axuntaron esforzos e botáronse á auga cunha barca que atoparon na beira. A vítima quedou ingresada na Uci, malferida pero viva. Ambos os dous marcharon para as súas casas cos corpos mazados polo esforzo que realizaron pero todos cheos de razón. Non son políticos no ‘exilio’ nin futbolistas, pero acapararon as portadas (algunhas, non moitas, desgraciadamente) por un día. Chámanse Vicente Berdei e compañía (o seu compañeiro de aventura non quixo que se soubese o seu nome). Reivindico dende aquí aos heroes (e heroínas) anónimos, aos que coidan aos seus enfermos, se  desviven pola súa familia e amigos, están sempre dispostos a axudar cun sorriso... Os que antepoñen a vida allea á súa propia, como fixeron Vicente Berdei e compañía. Non os esquezan.

Vicente Berdei e compañía
Comentarios