martes. 18.01.2022 |
El tiempo
martes. 18.01.2022
El tiempo

Ser civilizado

Crecín escoitando ‘O Progreso’, a canción de Roberto Carlos, que representou para min un himno á conservación da natureza nuns tempos escuros, cando practicamente ninguén se preocupaba diso. Un exemplo: as augas do río Rato, onde adoitabamos xogar, desprendían un mortificante fedor polo contaminadas que baixaban e así, dese xeito, desembocaban no Miño.

Afortunadamente a conciencia ecolóxica foi mudando a mellor, pero non para todos. Este sábado, algún túzaro preferiu deixar un montículo de lixo (mobles vellos, maletas...) na metade do camiño principal que atravesa as carballeiras de Montirón no canto de chamar a Urbaser. Como lles conto, en pleno 2021 e pouco aprendemos. «Eu quixera ser civilizado como os animais», como chía o cantautor brasileiro.

Ser civilizado
Comentarios