domingo. 28.11.2021 |
El tiempo
domingo. 28.11.2021
El tiempo

San Martiño

Odio o San Martiño desde sempre. Asócioo a cando había matanza de porcos en Montirón, con eses berros que evidenciaban o sufrimento que soportaban tan malpocados animais. Un día a miña Susi, a derradeira porca que criamos na casa, tamén pasou por ese martirio. Sentín odio cara ao matachín e unha enorme decepción cos meus pais, cooperadores imprescindibles dese abuso. Susi, un animal sensible, comía as galletas directamente da miña boca e xamais me fixo nin un rasguño. Podería contar moreas de historias sobre a miña porca querida. 

Si, xa sei que me falarán da tradición secular, de que dan para comer durante o ano enteiro, dos embutidos, de que se aproveita todo... Pero aquel pranto dos porcos en Montirón no San Martiño, aqueles choros... Quita, quita!


 

San Martiño
Comentarios