Opinión

Profunda Galicia

Ata O Parlamento galego criticou á xuíza de Marbella que utilizou a expresión «Galicia profunda» nun auto, sinalando os «enormes prexuízos e estereotipos» nos que incorre. Eu, un simple cidadán do montón, unicamente quereríalle falar á súa señoría de felicidade.

Durante a miña infancia e adolescencia en Montirón —a miña patria— rebrinquei cos porcos que criabamos en casa, mamei leite directamente da teta da vaca, convivín cun corvo amaestrado, medrei cos amigos xogando todo o día na rúa e nas carballeiras, tiven un criadeiro de musarañas, gañei un concurso de mexar lonxe... E non foi nada extraordinario; todos os meus camaradas vivimos o mesmo.

E sabe que? Podo alardear, e alardeo, de ter sido o neno máis feliz do mundo nesta miña terriña: a profunda Galicia.

Comentarios