miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

Oxalá que o "xestor" Feijóo...

Cumpríronse os vaticinios e Alberto Núñez Feijóo presidirá de novo a Xunta de Galicia. Leva no cargo desde o 18 de abril de 2009 —manda carallo!— e isto é algo irrefutábel. Oxalá sexa nestes próximos catro anos o «gran xestor» que el e os seus din que é. Oxalá acabe coa eventualidade e a precariedade do menosprezado persoal sanitario galego. Oxalá invista de forma decidida na educación pública, que é a que garante a igualdade de oportunidades para todos, sobre todo para os que menos recursos teñen. Oxalá traballe nun sistema económico ao servizo do seu pobo, apostando por desenrolar os sectores produtivos e enerxéticos do país coa I+D+i como auténtico motor de desenvolvemento... Oxalá.

Oxalá que o "xestor" Feijóo...
Comentarios