Opinión

Ómicron mala

Ala!, pois agora tócalle amargarnos a vida á variante surafricana do covid, que acolloa ata o seu nome, ómicron (non se falará doutra cousa nas próximas semanas, xa verán). Os expertos din dela cousas terribles, que acumula máis de 30 mutacións inquietantes, que ten maior capacidade para contaxiar e escapar das defensas humanas, que se estende moi rápido, que en menos de dúas semanas converteuse xa na dominadora de todas as infeccións...

Vénme á cabeza o sismo de 5,3 graos na escala de Ritchter que sacudiu Lugo no ano 1997. Atopábame nun quinto piso. O primeiro que fixen foi coller ao meu filliño no colo e baixar as escaleiras correndo para refuxiarme na casa Montirón. Entrementres, o meu neno non paraba de dicir "temamoto mao, temamoto mao". Pois non se me ocurre nada mellor: "ómicron mala, ómicron mala". 

Comentarios