sábado. 24.10.2020 |
El tiempo
sábado. 24.10.2020
El tiempo

O abusón

Cando estudei EXB na Anexa tivemos que convivir co Pérez (nome ficticio, non se vaia picar), o abusón de toda a vida, vaia! El, secundado pola súa banda, sometía á clase a unha especie de ditadura, isto é, facíase o que O Pérez quería sen ningún tipo de limitacións. Tiña a forza, xa que logo o poder. Isto forma parte da nosa memoria como escolares e, aínda que xamais buscamos unha reparación, fica aí para sempre. «As inxustizas non fan dereito», di Hegel, aínda que estas sexan moi pequeniñas.

Corolario: como é posible que haxa xente que se opoña á lei da memoria histórica —ou democrática— aducindo que é revanchista, oportunista ou tendenciosa? España debe reparar na medida do posible as arrepiantes tropelías que cometeu outro abusón, neste caso chamado Francisco Franco.

O abusón