Opinión

Noite común

Montirón de Abaixo foi pioneiro en Lugo en erixir unha fogueira polo San Xoán. Os veciños reuníanse arredor do descomunal lume, asaban uns chourizos, facían unha queimada e —paradoxos da vida— gozaban longamente da noite máis curta do ano. Co paso do tempo, esa data foise convertendo na festa patronal do barrio, con orquestra, bares, atraccións de feira... E así foi ata o 2020, cando a pandemia escarallouno todo. Logo veu o 2021 e non houbo «por cautela». Hoxe toca a de 2022 e tampouco haberá. Xa que logo, a nosa noite meiga morreu; será do máis común. Ninguén é culpable e todos o somos. Unha enorme mágoa.

Comentarios