Opinión

Modas fatas

A masificación, neste caso de turistas na praia das Catedrais, sempre presenta dúas facianas. Por unha banda, os visitantes achegan cartiños e, xa que logo, son ben recibidos por todos. Pero doutra banda, algúns forasteiros traen modas tan absurdas como amontoar as pedras do areal, como aconteceu estes días. Unha práctica que supón un risco para a conservación dun litoral que xa está bastante escarallado polo impacto humano. Aproveitando o labor destes fatos, o alcalde de Ribadeo e a Xunta enceréllanse sobre se se pediron medidas para actuar contra os cretinos ou non. Non se enganen. Tanto os uns como os outros crearon ese monstro turístico e este é o resultado.

Comentarios