Opinión

Fede e Isa, demo de monxas!

TALVEZ NON coñezan a bela historia de Federica e Isabel, dúas monxas franciscanas que coincidiron nunha misión en Suramérica e... namoráronse. A semana pasada contraeron matrimonio en Pinerollo, unha cidade ao norte de Italia, aproveitando que no país transalpino xa se poden casar parellas do mesmo sexo.

O lado escuro deste relato é que tiveron que abandonar a súa orde para poder selar o seu amor. Alguén pode entendelo? A Igrexa católica di «amarás a Deus sobre todas as cousas e ao próximo como a ti mesmo». Elas sobordaban océanos de fe e amor.

Soñemos no bonito que sería que as readmitisen, soñemos no orgulloso que estaría Deus, soñemos que o papa Francisco non tivese que pensar: «Vaia marrón con estas dúas, demo de monxas!».

Fede e Isa. Non cambiedes nunca, por moi fortes que sopren os ventos.

Comentarios