Opinión

'Enxeñeiros'

Segundo os expertos, parece ser que o SARS-CoV-2 —que é moi similar a un coronavirus de morcego— evolucionaría ao seu estado patóxeno actual a través da selección natural nun hóspede non humano e posteriormente saltaría ás persoas. Isto suxire que a cepa do virus que orixina a Covid-19 aínda podería estar a circular entre a poboación animal e podería volver saltar aos humanos. Ou este ou outros, seguindo un camiño análogo.

Non se trata de que un chinés comeu en decembro un pangolín ou outra cousa que fora contaxiada por un morcego e xa está. É todo moito máis complexo a como o presentan certos enxeñeiros que colaboran nalgúns programas matinais de televisión. Hai que ter coidado con botar a lingua a pacer sen saber, dicía meu pai.

Comentarios