miércoles. 29.01.2020 |
El tiempo
miércoles. 29.01.2020
El tiempo

Empatía

A EMPATÍA é mirar cos ollos doutro, escoitar cos oídos doutro, sentir co corazón doutro... para compartir o que o outro ve, escoita ou sente. Para min é un valor fundamental na vida, algo que mamei desde o berce no seo dunha humilde familia. Por iso resúltame inconcibible a actitude dos deputados de Vox o día da investidura de Pedro Sánchez cando todos os seus compañeiros do Congreso romperon a aplaudir para enviarlle ánimo á súa camarada Aina Vidal, enferma de cancro. «Un monstro estendido e agresivo», segundo ela mesma comentou. Nin un só se inmutou. Sería lamentable que estivesen a representar o papel de tipos —e tipas— duros do hemiciclo, dos que nunca se conmoven, dos máis ‘machos’. Pero se en verdade senten o que fan, se carecen de empatía, dan noxo.
Empatía