Opinión

Educación 2.0

Nestes tempos de tempestade política sobre a formación académica, non está de máis lembrar que un ensino público e gratuíto é a condición necesaria para que a educación siga sendo un dereito garantido pola comunidade social, a través do seu financiamento público, para avalar a igualdade de oportunidades para todos.

Hai familias que teñen dificultades para comprarlles aos seus fillos os libros de lectura obrigatoria, por exemplo, ou o macuto de moda. E a estes nenos, que non van poder asistir á escola de pago, non se lles pode sesgar o futuro xa desde a infancia. Xa que logo, deixémonos de demagoxias. Hai que investir nunha educación 2.0, pública e de calidade, non para adoutrinar a ninguén senón para que ningún fillo de ‘pobre’ deixe de ser o dono do seu destino.

Comentarios