Opinión

Desamparado

Desamparado. Síntome así. Sei que ninguén estaba preparado para algo tan forte como isto, unha pandemia global, e que eu non teño nin maldita idea do tema pero os datos son irrefutábeis. Primeira onda do covid-19: en Italia, case 300.000 casos; en España, un pouquiño menos. Segunda onda (cifras de antonte): en Italia, 322.751 infectados; en España, 789.932. E logo? Obviamente todos somos responsábeis, pero uns máis que outros, palpábel. Resulta tristísimo presenciar como eses ‘uns’ están máis preocupados por deseñar campañas de márketing para lucir a súa ‘boa xestión’ que por tomar decisións drásticas a tempo, aínda que doian. Nin sequera o Rei sae a reconfortar á xente. Mágoa que non saiba escribir as bágoas que me produce este desamparo.

Comentarios