martes. 31.03.2020 |
El tiempo
martes. 31.03.2020
El tiempo

Animaladas

Acórdanse dos ponis que viñan a Lugo durante o San Froilán? Atados entre si, daban voltas e voltas unha e outra vez nun carrusel inmisericorde. Extenuados e coa cara triste, soportaban as ignominias de nenos e pais ou recibían estaca. Hoxe en día isto sería inadmisible, non cren? Que mudou entón? A moral é o que cambiou. O que hai uns anos víase con naturalidade agora considérase unha barbaridade, afortunadamente. Por este motivo hoxe denúncianse os malos tratos aos animais, os medios fanse eco da noticia, esta ten repercusión na sociedade e a Policía e a Xustiza interveñen, afortunadamente. Así, aínda que quedan algunhas bestas soltas polo mundo adiante, xa non se lles toleran as animaladas contra eses seres que comparten a nosa existencia: os animais. Afortunadamente.

Animaladas
Comentarios