Opinión

Where is Crespo?

ISO É o que se preguntaba todo o mundo a noite do 24-M tras coñecerse que José Crespo Iglesias, alcalde de Lalín durante 25 anos, perdía a maioría absoluta. Algúns dicían que se estaba a facer as maletas. Outros, que se a facer algo de ‘limpeza’ polo castro tecnolóxico. Sexa como for, o certo é que supuxo un fito histórico e máis aínda cando, se todo segue segundo o previsto, Crespo acabará por ceder o bastón de mando a Rafael Cuiña, o fillo do que fora o seu mentor e pai político, Xosé Cuiña. Casualidades da vida...

Os lalinenses pronunciáronse nas urnas e apostaron pola ‘alternativa’, celebrada como auga de maio. Chegou a hora de dicir adeus ás “pantasmadas” e ás “grandes infraestruturas” e dar comezo así aos “proxectos para as persoas”. A saber que futuro lle depara agora a 'lalaíno', o porco perfecto para o cocido… Pero, sobre todo, a pregunta do millón é que futuro lle depara agora a Crespo, tras ostentar máis de cinco lustros a alcaldía e ocupar cargos como a vicepresidencia da Deputación de Pontevedra ou a presidencia da Fegamp, entre outros.

Neste punto, vénme á mente ese dito tan noso: Viva Lalín, con razón ou sen ela! Eu só podo dicir, e creo que falo en nome de todos, que agardamos que, durante estes próximos catro anos, impere a primeira.

Comentarios