lunes. 19.04.2021 |
El tiempo
lunes. 19.04.2021
El tiempo

Sindemia

¿Por que en todas as epidemias, algo patente na sindemia actual, morren máis os pobres, e entre eles as mulleres, do que os ricos?

Foioantropólogomédico Merrill Singer quen a mediados dos anos 90 do pasado século acuñou o termo "sindemia" para significar a existencia dunha epidemia ou pandemia de carácter sinérxico, pois en tal contexto se contemplan interaccións entre axentes causais, procesos sociais e estados patolóxicos. Ou dito doutra maneira: a acción dunha pandemia como a que vivimos, provocada por un virus, vese unida a todas as súas consecuencias sumadas no plano social, económico, político e psicolóxico. É dicir, estamos diante dunha relación ou influencia recíproca entre o biolóxico e o social: unha sindemia.

E tal é así que os estragos producidos polo coroavirus son múltiples, dende o plano das enfermidades neurodexenerativas xa existentes, que avanzan pola súa influencia, até todo o derivado da desatención no que respecta á saúde mental, practicamente desestimada nos sistemas sanitarios públicos. Mais tamén resulta evidente que a crise sanitaria (e económica) producida pola pandemia/sindemia non ten a mesma incidencia no espectro social. Existe un estudio que así o demostra: El impacto de covid-19 en las personas que sufren pobreza y vulnerabilidad, elaborado pola European Anti Poverty Network, unha rede de ONGs comprometida pola inclusión social de persoas que sofren pobreza e exclusión. O coroavirus, en España e no mundo —véxanse aí os países pobres—, arrasou e segue a arrasar ás persoas que viven en situación máis precaria, ás mulleres, homes e nenos que padecen directamente realidade de pobreza.

¿Por que en todas as epidemias, algo patente na sindemia actual, morren máis os pobres, e entre eles as mulleres, do que os ricos? Resulta incontestábel que as taxas de contaxio, o índice de hospitalización e a mortalidade son máis altas nas áreas urbanas pobres, e existen datos obxectivos que demostran que a pobreza e a precariedade teñen provocado máis contaxios e mortes entre a poboación máis vulnerábel en EE UU, Reino Unido e España, que son casos ben analizados. E no país do Tío Tom fica ben claro que o virus cebouse especialmente nas persoas negras, latinas e racializadas.

Como di Christopher Murray, director do Instituto de Métricas e Avaliacións de Saúde da Universidade de Washington, dadas as circunstancias sindémicas, o mundo podería estar achegándose a un punto de inflexión respecto á esperanza de vida. E págano sobre todo as clases subalternas.

Sindemia
Comentarios