Opinión

O PXOM de Vigo e o dinoseto

A ANULACIÓN do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo por parte do Tribunal Supremo constitúe a día de hoxe un dos maiores problemas aos que se enfronta a comunidade galega, se temos en conta que suporá paralizar o urbanismo da maior cidade de Galicia. Hai que ter en conta que poden quedar no aire importantes proxectos como a Cidade da Xustiza, Porto Cabral ou a ampliación do polígono de Balaídos, o motor económico da cidade xunto co porto. A sentenza tamén pode frear en seco a actividade de promotores e construtores agora que empezaban a mover algún ladrillo despois de anos de fonda crise. E as infraestruturas viarias, e o solo empresarial, e as dotacións sociais... Todo, absolutamente todo, se ve condicionado a día de hoxe por un PXOM. Pero o peor de todo non é iso. O que agora verdadeiramente preocupa tanto aos vigueses como ao Concello é como afectará a resolución xudicial ao dinoseto. Hai quen di que a famosa estatua vexetal da Administración Caballero está triste e que ata lle empezaron a secar as follas da punta do rabo.

Comentarios