Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Lume? Nunca Máis?

Un dos máis lamentables títulos que cada verán se leva Galicia é o de ser un dos territorios que máis incendios sufre nos meses de calor. Hai uns días saltaban as alarmas no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Cortegada, lugar protexido, resultaba ameazado polas lapas. Por fortuna non houbo que falar de grandes estensións devastadas. Pero a fin de semana que deixamos atrás os tesouros naturais da provincia de Lugo non correron tanta sorte. Espazos de gran valor ecolóxico e paisaxístico como A Fonsagrada, Navia de Suarna, nos Ancares, ou O Courel, loitaron a un tempo contra o lume. Ó final centos de hectáreas de bosque arrasadas, parte da nosa reserva da biosfera e dos nosos sinais de identidade, reducidos a cinzas. Ó paso que imos as xeracións futuras camiñarán entre montes ennegrecidos, de solos empedrados e nús, e só coñecerán a riqueza que hoxe nos define polos arquivos porque así pouco lles imos deixar. Resulta absurdo evocar todos os anos o Nunca Máis; se seguimos sen tomárnolo en serio, non quedará nada de nós.

Lume? Nunca Máis?
Comentarios