jueves. 24.09.2020 |
El tiempo
jueves. 24.09.2020
El tiempo

Modas para a saúde

AS MODAS seica tamén afectan ás prescricións médicas. Agora tócalle ao azucre. Mesmo o ministro de Facenda tiña idea de recadar 200 millóns de euros ao aplicar un imposto especial sobre as bebidas azucradas. De momento non vai ser. Só Cataluña aprobou unha norma con ese imposto e, tras un período de adaptación para a industria, procederá á súa aplicación.

Que ten agora o azucre engadido ás bebidas (noutros países chamáronlle imposto da soda) para que se penalice cun imposto o seu consumo? Pois seguramente o mesmo que o mes pasado, que o ano pasado e que o lustro pasado, pero agora toca descobrir que o consumo en exceso de azucre é realmente comprometedor para a saúde. Dáse o caso de que o procesado industrial é cada vez máis elaboración de novos bens que non teñen os mesmos componentes que os alimentos de antano, mesmo os de igual nome. Así comer - hoxe- un procesado industrial de xamón, ou calquera outro embutido (e máis se di: «baixo en sal») é unha forma de tomar azucre sen nos decatarmos. Tomar iogures sen graxa é unha vía de inxerir azucre sen o notar. As bebidas azucradas, os cafés e cacaos en po, as bebidas de transformados lácteos, pasteis industriais, son alimentos que existen desde hai moitas décadas pero mudou co paso do tempo o método de procesado nas fábricas, o mé- todo de armacenamento das materias primas e o método de conservación, de tal forma que a mediados do século XX nomearían de tolo a quen dixese que o xamón seco se conserva en parte con azucre, que os refrescos industriais teñen un grande engadido de azucre e que os lácteos se poden comprar sen lactosa pero con sabor a algo que recorde o leite (iso si, con azucre) e, mesmo, que os nenos toman biberóns con sabor a cacao industrial.

Por que, logo, a campaña a favor da saúde, ten que penalizar o consumo de bens producidos legalmente que levan azucre porque poden levalo? E, ademais, un imposto, é dicer, o encarecemento dun ben de consumo de masas contribúe a disuadir do seu consumo ou pola contra só vai servir para os consumidores de máis baixa renda pagaren máis impostos polas compras de bebidas azucradas? Hai pouco saíu á luz pública, nos Estados Unidos, un escándalo financeiro/científico que deixou en evidencia que o lobby do azucre financiou investigacións para resaltar os danos das graxas na saú- de. Simplesmente colocando o foco de atención sobre os efeitos negativos das graxas, quedaba o campo libre de sospeitas doutros componentes dos novos alimentos industriais, entre eles o azucre branco e demais edulcorantes azucrados que se foron engadindo, uns para saborizar, outros para conservar e outros porque hai que vender azucre para seguir gañando fortemente dólar tras dólar. Aos gobernos europeos, facendo uso do seu deber de vixiar pola saúde do povo consumidor, ocorréuselles poñer un imposto. E... non poderían facer unha norma para regulamentar o uso de azucre na industria? (Continuará).

Modas para a saúde
Comentarios