sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

Desastres tecnolóxicos nun páis con tecnoloxía allea

SEREMOS UN país sufridor de desastres importados? Aínda está ben presente no ideario colectivo galego o que significou o Prestixe e os seus precedentes (Urquiola, Cason, Mar Exeo,...) o que son os incendios como compoñente riscosa dunha realidade que parece unha maldición, o soporte social dos non-ríos apropiados polas compañías produtoras de electricidade, e agora, os xurros o seu derrame coas consecuencias non coñecidas nun medio tan vulnerábel como son os ríos e as rías. Non houbo civilización que perdurara comezando pola mesopotámica e seguindo pola romana que deixara fóra de control o acceso e tratamento da auga potábel: ben sabían como nos asedios e conquistas era máis decisivo o control da auga que o dos restantes bens. A auga é hoxe o único elemento de vida que non se pode producir.

No caso das vacas e os seus detritus en forma líquida e almacenados en depósitos, proveñen do uso de técnicas de produción gandeira intensiva sen dominio nen control dos procesos produtivos por parte dos gandeiros galegos. Non houbo criación de gandeiría intensiva propia desde a extensiva anterior, e, consecuentemente o conxunto de técnicas de produción intensivas son importadas, copiadas, mal asimiladas ou fóra completamente do dominio do propio gandeiro. Todo o que podemos decir desde o derrame de 200.000 litros de xurro en augas do río Tambre, fonte de auga potábel para Santiago e unha parte da súa comarca, ten forma de preguntas unhas sen resposta, e outras francamente só retóricas. Cómo existe o xurro? Porque non hai separación obrigada de detritus sólidos e líquidos que permitiría un tratamento menos riscoso? Que organismo público ten o control dos verquidos en ríos e regatos? Cómo se efectiviza ese control? Hai acceso a eses dados ou están esperando pola chegada obrigada de transparencia? Á parte dos delitos e das enxurradas deste tipo coñecidas (iso sí, 48 horas despois de se producir) cómo se desfan del os gandeiros? Para que se almacena neses enormes depósitos o xurro? Que destiño tiña? Lembramos dos comentarios de estranxeiros simpatizantes que en modo viaxe lúdico á India, se riron do uso para combustíbel da bosta das vacas. O Ganges polo menos só recibía (antes da industrialización) materia líquida ou sólida rescatábel. No noso caso pasamos dunha utilización circular do esterco ao desastre actual. O gando e os seus detritus nacía, criabase e depoñía na propia explotación agrogandeira cumprindo un papel integrado na produción final, ben na gandeiría, ben na produción agrícola. Ao importar (ou ser imposto, mal copiado) o modelo intensivo de granxas alleas non se importou o coñecemento preciso nen se estabeleceu modelo propio algún de xestión das excretas. Se hai unha explicación de xestión económica dos xurros e a súa eliminación non vale máis que para reformular as preguntas anteriores. Na marxe da rendibilidade en que traballan as granxas gandeiras intensivas quen debe asumir a xestión e o control colectivo das súas deseconomías? Cómo se pode aceptar que traballen anos e anos cunha marxe de rendibilidade negativa a costa da autoexplotación. Quen mira pola suba continua de custes de explotación e pola contra a conxelación de ingresos?

Desastres tecnolóxicos nun páis con tecnoloxía allea
Comentarios