miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Contradicións por eleicións

INMERSOS na artificial polémica do non abono do Ive galego por Facenda do Estado, á parte do asombro que pode producir en proprios e estraños a tal apropriación, asistimos ás batallas típicas entre PP e PSOE, polo dominio do escenario preeleitoral. Dicemos polémica artificial, porque pura e simplesmente Facenda do Estado non nos debe nada, haberá abonar, dunha ou doutra maneira, os fondos galegos de Ive, que son galegos por lei. En pura razón legal non é unha débeda senón unha apropriación ou retención de fondos que non lle son proprios. A partir de aí, calquer argumento que faga referencia á necesidade, ao uso ou destino dos citados fondos, á conduta máis ou menos ética do goberno español, non vén a conto: cando alguén retén algo que non é da súa propriedade, a razón de necesidade ou do uso do titular é indiferente, como se o goberno galego o quixese gastar en propaganda. É por esta razón polo que nos parece innecesario e antiestético facer referencia aos gastos sociais (en dependencia, por exemplo), en prestacións non contributivas, en persoal, e/ou en calquer outra partida, xa que os ingresos de Ive, neste caso, non naceron predestinados a un uso social determinado, nen a ningún outro. É unha práctica política pouco edificante lexitimarse co medo dos máis necesitados, dos máis dependentes ou dos menos aleutos: é igual que dicer que se debe votar só a algúns que dan garantías, que están predestinados (?) a gobernaren e que proceden dunha clase de bendicidos. Os orzamentos públicos non se elaboran con ingresos cativos para determinadas partidas. Non se fan así. A proba material do que argumentamos é que, nos mesmos días en que se usa como ameaza ao Estado deixar de pagar compromisos adquiridos en Galiza, se anuncian (non temos referencia do respaldo real) obras de gran alcance que poden ser exhibidas como realizacións futuras a cambio de votos. O novo hospital da Coruña, dise, suporá un investimento de 395 millóns de euros, en 6 períodos anuais, cun aumento da superficie hospitalaria en obra construída dobre do actual, que incrementará servizos médicos, número de camas así como prazas de aparcamento e un anel circular para mellorar o transporte. Ao ser unha ampliación do existente, o primeiro que se precisa é dispor dos terreos colindantes que son privados: unha expropriación. Aínda non comezou en nengunha das súas fases. Dise no anuncio da obra que se espera comezar a fase cero coa licitación do proxecto este ano, e, a partir de aí, a esperar o tempo necesario para chegar a dispor do novo hospital, 2026?. É para anotar no haber das realizacións deste goberno, ou para figurar en "anuncios e propaganda"? 

No caso doutras obras, preferimos non volver tratar da intermodal de Lugo porque parece xa caída da axenda; a de Ourense está un pouco enredada na silveira burocrática de Renfe, Adif, Xunta e demais intervinientes; do Parador de Lugo xa acabou o flash informativo: foi flor dun día. Os anuncios estrela —que son sempre obras— preferiríamos celebralos cando se inauguren que admiralos cando se anuncian.

Contradicións por eleicións
Comentarios