Opinión

Vivir é caro

FACÉMONOS VELLOS, é un feito. Eu nótoo, sobre todo, nos temas de conversación. Os meus amigos e eu xa non só (que tamén) falamos de ligues, festas varias, utopías da vida... Senón que tocamos temas moito máis profundos e serios, de xente adulta, que diriamos. Por exemplo, xa falamos de cartos. E cada vez que sae o tema acabamos afundidos na miseria. Non só porque nos decatemos de que, quizais, nunca cheguemos a cobrar pensión, de que teremos que apretarnos moito o cinturón se algún día queremos mandar un hipotético fillo á universidade (ou para telo, simplemente), senón porque xa o vemos como un problema do presente, real e tanxible. A marioría de xente da miña xeración está as portas dos 30, como quen di, e non ten un can. E a que se debe? A que vivir é caro. Mentres nos mantiñan nosos pais non sabiamos o que era pagar a luz, a comida, a roupa, os caprichos, as actividades, os imprevistos... Pero cando un se independiza (ou iso di) vénlle toda a realidade 'de sopetón', e dase conta de que cobran case ata por respirar. Qu duro pode ser facerse maior!

Comentarios