Opinión

A piscina de nunca acabar

DESDE QUE teño uso de razón, e xa hai uns anos diso, levo escoitado aos políticos locais prometer unha piscina cuberta (e climatizada) para Sarria. "Queremos unha piscina olímpica e non unha pileta", vocineaba un coche de campaña alá polo 2007. E por agora, nin un barreño de auga quente. Vinte anos despois de ires e vires de gobernos de distintas cores, con maiorías absolutas, con pactos tripartitos, bipartitos e tránsfugas incluídos, tempo no que tiveron á Xunta amiga e inimiga e á Deputación na mesma liña, a vila luguesa segue sen piscina. Bueno, para ser exactos ter tena, pero non a pode usar. O que vén a ser o colmo dos colmos, gastamos 1,8 millóns de euros no edificio pero non somos capaces de xuntar 200.000 para colocar a caldeira e poder facer un uso pleno destas instalacións deportivas. “Unha demanda histórica do pobo de Sarria”, pregoneaban uns e outros gobernantes e razón non lles faltaba; parece que só vontade.

Comentarios