Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Viaxe cara a un urbanismo ordenado

UNHA COMUNIDADE con milleiros de casas ilegais, as razóns da Aplu para derrubar unhas e non outras semellan inescrutables. Que se ten que poñer orde neste territorio anárquico, ata hai ben pouco reino do ‘ti vai facendo’, é indudable; do que non estou tan segura é de que o haxa que facer coa pretendida cegueira da xustiza, sobre todo cando o marco normativo non acaba de callar e o que hoxe é ilegal mañá pode non selo. Aínda que a gravidade da infracción é a mesma, as consecuencias das demolicións son ben distintas. Nesta transición tan dura cara ao respecto escrupuloso ás leis, non sería posible evitar casos de emerxencia social?

Viaxe cara a un urbanismo ordenado
Comentarios