Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

Previr hoxe para comer patacas mañá

UNHA PESTE de mildiu nas patacas puxo a unha cuarta parte da poboación irlandesa de mediados do século XIX camiño do cemiterio ou da emigración. A situación non é, nin de lonxe, comparable á que vivimos hoxe en día coa couza guatemalteca, pero si o é na dificultade de calibrar os efectos que terá a longo prazo esta epidemia se non se remedia a tempo. Hai científicos que pensan que a reacción da Administración chegou tarde e mal artellada, pero tamén advirten de que para que esta praga sexa un episodio curto e sin efecto na nosa historia hai que seguir as súas indicacións. Seica non queda outra se non queremos importar patacas.

Previr hoxe para comer patacas mañá
Comentarios