Opinión

Colexios

UN ANO máis, e xa van varios, os colexios do centro e sur da cidade de Lugo volveron verse desbordados polas solicitudes de praza de nenos de tres anos. Entre os públicos, só outro centro está na mesma situación, o Luís Pimentel, na zona norte. Pero nesa parte da cidade, se se fai un cómputo por zona, aparecen prazas libres noutros colexios. Na zona centro e sur, porén, non colle unha palla. É certo que hai un proxecto para ampliar As Mercedes, pero non parece que as contas vaian cadrar nin con esas. Quizáis sería momento de botarlle unha pensada ás zonas de influencia dos centros, como acaban de facer en Pontevedra.

Comentarios