Opinión

A vida nas redes sociais

HAI TEMPO que a vida xa non se entende sen as redes sociais. Pero esa vertixinosa irrupción fíxose sen unhas normas claras para moverse por elas. Nestes días téñense dado os últimos casos que encenderon a polémica: o vídeo sexual de dous xogadores do Eibar e a polémica de Gerard Piqué coa camiseta da selección. A xente colga cousas e fai comentarios, moitas veces sen pensar nas consecuencias, que en moitos casos sobrepasan os límite do permitido e chegan a provocar situacións como o suicidio dunha rapaza italiana pola difusión dun vídeo sexual. A morte do toureiro Víctor Barrio foi o inicio doutra polémica polos comentarios vertidos nas redes.

E é que nas redes sociais non se aplican os códigos éticos que aplicamos na vida. Ás veces parece que a xente que escribe non é consciente de que ese comentario é algo público que poden ver milleiros de persoas e agora esa conciencia xa debería existir, porque non é algo que acaba de chegar. Pero non pasa. Onte mesmo tivemos un caso na redacción ao chamar a un teléfono collido na rede. A persoa non entendía como accederamos a o seu teléfono. Moi sinxelo, estaba colgado na rede á man de calquera.

Comentarios