Opinión

Mellor previr que lamentar

AÍNDA NON chegou o verán e o lume xa anda a facer das súas. É certo que esta fin de semana a calor foi abafante e as temperaturas eran máis propias dun mes de agosto e o lume fixo das súas. A traxedia de Portugal debería servir para que nos plantexemos en serio como previr, na medida do posible, o lume. Cando prende, con días coma os da fin de semana, xa pouco remedio ten, pero se o resto do ano non nos acordamos máis do monte e igual se o fixeramos, algo podería cambiar. A maleza, que sempre houbo no monte, hai anos que se aproveitaba para comida e cama dos animais. Pero agora non só non se aproveita senón que chega á beira mesma das casas, porque cada vez son máis as fincas que están abandonadas e rodean as casas de milleiros de aldeas. A esta circunstancia hai que sumar que moita xente decide plantar o que noutros anos eran prados e leiras de labradío e, no caso da miña comarca, é de eucalipto na meirande parte dos casos. Ante estas situacións debería non só existir unha normativa efectiva senón que habería que obrigar a cumprila, porque ante as lapas iso converténse en combustible que fai difícil, xa non acabar co lume, senón ata controlalo.

Comentarios