Opinión

Españois sen España

Pedro Sánchez desabrochou o cinto deixando que o seu pantalón caia até a altura dos nocellos, mentres extremistas, radicais e separatistas o miran con cara de desexo, e todo parece que o presidente se vai a deixar, aínda que a vaselina a teñamos que poñer os españois.

Pedro Sánchez está disposto reformar a Constitución para abolir a monarquía parlamentaria por unha república confederal e dar carpetazo ao sistema democrático baseado na separación de poderes do Estado pola Venezuela que veneran os seus socios de Podemos, e que apelan á soberanía do Lexislativo paira rexeitar o control dos seus actos por parte do Tribunal Constitucional recorrendo a que a expresión da vontade popular non pode ser limitada polas leis.

A política que coñecín nos meus inicios elixía aos mellores cirurxiáns da palabra e do pensamento; hoxe son un grupo de postadolescentes hiperventilados que sinalan os problemas, non para buscarlles solución, senón para xerar máis tensión. Só así se explica como ameazan e insultan co obxectivo de amordazar o poder xudicial.

Junqueras esixe reescribir o Código Penal ao seu antollo, a ministra Calviño advirte aos maxistrados do TC sobre o que deben votar, Sánchez tentando modificar mediante emendas dúas leis orgánicas que forman parte do bloque de constitucionalidade, a lei do Poder Xudicial e a do Tribunal Constitucional, e todo isto apoiado por ERC, Podemos e con Bildu que pisan a Constitución como Othar a herba.

Que será o seguinte? O control dos medios de comunicación? Non é isto seica una ameaza presente?

Vivimos un momento de extrema gravidade. Sánchez é o Saturno de Goya que agora, no canto de devorar ao seu fillo, devora España; un caníbal político que tritura e deglute aquela transición pactada desde a concordia, o diálogo e o perdón mutuo.
En resumo: senón o evitamos, podemos estar ante o inicio do fin. Un país partido, dividido, cernado, cheo de ruína e miseria, e o que é peor, una España enfrontada.

Comentarios