lunes. 25.05.2020 |
El tiempo
lunes. 25.05.2020
El tiempo

As españoladas

HAI UN par de días, unha boa amiga miña que vive en Barcelona me escribe unha mensaxe que dicía: non deixes de ir ver «El desconocido», unha peli que non parece galega!!!

Como todos os emigrantes, a miña amiga ten a morriña típica e sempre eleva todo o que ten que ver con Galicia á estratosfera. Xa saben, como en Galicia non se come en ningún lado, os galegos somos moi riquiños, se queres pasalo en grande tes que ir a Galicia, ....

Sen embargo, detectei que non tiña a mesma percepción sobre a produción cultural galega, que por certo, é un negocio que move ao redor do 20% do Producto Interior Bruto galego. O feito de facer unha película de acción na Coruña capaz de recadar un millón e medio de euros nun par de semanas, puidera parecer imposible hai tan só uns anos. Sen embargo, agora non o é.

O cine sempre foi unha industria de paixóns e de alto standing. No propio sector, sempre se considerou que o cine é o irmán maior da televisión e todo aquel que quixera triunfar tiña que marchar fóra e ter moita sorte. Sen embargo, ao longo da década dos 2000, moitos emprendedores iniciaron un negocio que deu uns resultados razoables, aínda que dispares. Temos casos coma os da produtora Vaca Films, que logra facer superproducións millonarias, coma «Celda 211» ou coma «El desconocido». E tamén temos casos coma os de Ignacio Vilar, capaz de facer películas máis modestas pero que tamén encheron os cines coma «Vilamor» ou «Pradolongo». No medio de todo isto temos un abano importante de creadores que van buscando o seu oco e que logran tecer un sector, o audiovisual, que aínda segue sendo moi importante na industria cultural galega e española.

É importante que co tempo nos desprendéramos do concepto de españolada. Lonxe quedan as películas de Alfredo Landa e Fernando Esteso e nada ten que ver o cine de hoxe con aquilo. Boa parte dos profesionais galegos están protagonizando, dirixindo e producindo cine e televisión noutras partes do mundo. Incluso levamos agradables sorpresas de rapaces e rapazas que logran facerse un oco no mercado americano ou español. A pouco que se fixen nos títulos de crédito das series de éxito ou das películas máis taquilleiras, observarán como aparecen unha serie de apelidos galegos que esconden todo o bo traballo desta xente durante os últimos anos. Falamos de Jorge Coira, de Ramón Campos, de Antonio Mourelos, de Sabela Arán, Martín Suárez.... unha boa fornada de xente que creu que se pode facer audiovisual desde A Coruña, desde Pontevedra ou desde Los Ángeles.

O público, ademais, agradece isto e os números así o recollen. Boa parte dos traballos concibidos con alma galega son líderes de audiencia ou de taquilla. Pero ademais, e creo que é o máis importante, logramos que as formas de facer as cousas e as historias que contamos son perfectamente exportables a calquera sitio. Así, pouco a pouco, é como o cine e a industria cultural galega se vai abrindo paso nos festivais, no resto dos países, pero sobre todo, nos nosos gustos.

As españoladas
Comentarios