Opinión

Temos que camiñar tranquilos

Tanto os cadros de xogadores, 80 en total (afeccionados, xuveniles, cadetes e infantiles) como a directiva do club estamos traballando duro para que o noso proxecto sexa para o que está concebido: serio eficaz e equilibrado.

E chocante ler algunhas informacións de personas máis ben desinformadas que non saben ou non lles interesa dicir que o C.D.Foz é dos poucos da comarca da Mariña que sustenta a catro equipos en competición e todos a cargo do club, 80 rapaces competindo en distintas categorías, ben uniformados, ben equipados, coa suas licenzas federativas en regla, e ben tratados en todas as necesidades que se presentan. Fagan un exercicio de información e miren en cantos equipos da comarca sucede isto, ou sucede que hay clubes que atenden un só equipo e que a base está en directivas aparte. Cada quen ten a súa maneira de traballar e é respectable, pero non é menos certo que catro equipos teñen moitos máis gastos que un só equipo.

Por elo, o diñeiro de presuposto que podía quedar para apuntalar o equipo de afeccionados é limitado e o noso equipo está a facer unha temporada de momento normal co potencial e presupuestos que manexan outros equipos. Temos que loitar e pelexar moito para acadar bos resultados.

A entrega dos xogadores afeccionados do primeiro equipo é total e o comportamento exemplar aínda que non acadamos uns resultados satisfactorios. Temos que camiñar tranquilos e sabendo en todo momento comprender as situacións que se presentan.

O C.D.Foz ao longo da súa historia sempre soubo estar á altura das circustancias, ninguén lle regalou nada nunca, e por suposto neste momento con tranquilidade e templanza fará o mesmo, sen arriscar no tema económico, que nos custou caro levantar e que conseguimos cun equilibrio presupuestario extraordinario, podendo chegar a anunciar que a nosa débeda está controlada en parámetros moi correctos.

Polo exposto, manifestamos que o traballo está aí e debemos continualo, dando grazas a tantas e tantas personas que molestamos día a día, empresas, comercios e cidadáns en xeral onde a súa resposta está sendo moi amable.

Somos conscientes que a crítica sempre está á orde do día pero que neste club só con que alguén queira encabezar outro proxecto non ten máis que chamar á porta da actual directiva que encantados cedemos o testigo, como así se di en todas as asambleas que se celebran cada ano.

Comentarios