miércoles. 12.08.2020 |
El tiempo
miércoles. 12.08.2020
El tiempo

O bloqueo económico de Sánchez

Galicia vese obrigada, ao igual que outras moitas comunidades autónomas, a recorrer á xustiza para cobrar un diñeiro que lle pertence e que o goberno de Pedro Sánchez lle nega. O novo Executivo de coalición mantén a súa negativa a pagar os 2.500 millóns de euros que lle debe ás comunidades pola liquidación do Ive de 2017. 

A ministra María Jesús Montero dixo o ano pasado que non podía pagar porque o Goberno estaba en funcións; unha vez tomaron posesión e demos a benvida ao 2020 a escusa foi que xa pasara o prazo para facer o pago e agora di que as autonomías xa gastaron ese diñeiro. Que non queiran tomarnos o pelo. 

A realidade é que o Goberno de Sánchez ten unha débeda con tódalas comunidades autónomas, que no caso de Galicia ascende a 370 millóns de euros, 200 do IVE e 170 de incentivos por cumprir co déficit. O bloqueo ao que Sánchez está sometendo ás autonomías é tan evidente que mesmo os presidentes socialistas se viron obrigados a desoír ao seu xefe de filas e reclamar o que lles pertence. 

O Goberno de Pedro Sánchez ten unha débeda con tódalas comunidades autónomas, que no caso de Galicia ascende a 370 millóns de euros

Non queremos máis marxe de gasto, queremos que nos dean o que é noso e isto é o teñen que facer a Ministra Montero e o propio Pedro Sánchez. Galicia non precisa máis marxe para endebedarse porque a Xunta, un exercicio máis e a pesar dos impagos do Goberno, en 2019 volveu a cumprir co déficit e coa débeda públicos. 

Mentres mantén e o bloqueo ás comunidades o presidente do Goberno segue financiando o proxecto independentista. Hai uns días asistimos atónitos a unha sorte de xuntanza bilateral entre Pedro Sánchez e Quim Torra que rematou con máis cesións do Goberno a Cataluña a cambio de que os independentistas apoien os orzamentos do Estado. 

Bloqueo económico fronte a privilexios, este é o resumo. O Goberno prioriza a Cataluña mentres asfixia ao resto de comunidades autónomas e isto é intolerable. Negar a Galicia os 370 millóns de euros significa privar a todos os galegos e galegas de melloras na sanidade e na educacións e de novos investimentos en políticas sociais. Non podemos permitilo.

O bloqueo económico de Sánchez
Comentarios