Opinión

Gonzalo Caballero, presente e futuro

Gonzalo Caballero, junto a la estatua de Pablo Iglesias. XOÁN REY (EFE)
photo_camera Gonzalo Caballero, junto a la estatua de Pablo Iglesias. XOÁN REY (EFE)

Gonzalo Caballero, como secretario xeral do PSdeG-PSOE e como portavoz no Parlamento de Galicia, estivo facendo un traballo inmenso, visitando todos os recunchos da nosa terra, en contacto coa militancia, cos cargos orgánicos e institucionais e coa cidadanía galega escoitando os seus problemas, e presentando iniciativas no Parlamento para que a Xunta de Galicia, o Goberno de España ou calquera outra administración, resolvesen as inquedanzas da poboación. Ningún outro secretario xeral estivo tan preto e con tanta proximidade cos sentimentos e preocupacións da xente.

Agora que só leva dous anos na Cámara galega, fronte aos dezasete de Pontón e aos dezaseis de Feijóo, algúns sen un proxecto alternativo queren lexitimamente poñerse eles a dirixir o partido. As afiliadas e afiliados son moi sabios e entenden que non se pode estar cambiando ao secretario xeral permanentemente, porque iso favorece aos nosos rivais políticos (ao PP e ao BNG ). Retirar a Gonzalo sería unha grave equivocación, porque non se pode estar ata o 2024, en que haberá as eleccións autonómicas, sen a referencia significativa que representa Gonzalo Caballero, dende a secretaría xeral e a portavocía do grupo socialista no Parlamento de Galicia. Sería suicida para os intereses do partido e das galegas e galegos que apoian un proxecto progresista, de esquerdas, feminista, ecoloxista e galeguista como o dos socialistas galegos. Non valen actores secundarios, queremos ao actor principal en escena, queremos a Gonzalo Caballero.

O outro candidato, que merece todo o noso respecto, cando acaben as primarias -sexa cal sexa o resultado- volverá a dirixir o seu concello e volverá a presentarse ás eleccións municipais, e me parece ben; pero Galicia necesita un proxecto, que parta dunha ollada global e hai que dedicarse a ela a tempo completo. Gonzalo ama a Galicia e dedicase a ela con paixón e intensidade, ten formación académica e profesional, ten madeira e carácter de líder, vai a máis, e honesto e dialogante e quere a unidade de todo partido, como o ten demostrado na práctica e sobre todo, ten un proxecto para facer un PSdeG-PSOE máis forte e traballar por unha Galicia máis avanzada e xusta. Compañeiras e compañeiros, o día 30 votade pensando no ben deste gran partido.

Comentarios