Opinión

Gonzalo Caballero ou Feijóo

A militancia do PSdeG-PSOE está convocada, este domingo dia 8 (Domingo das Mozas), ás urnas para elexir ao noso secretario xeral.

Imos a decidir entre a renovación e o cambio ou a continuidade sen rumbo; entre a xuventude madura, a impronta socialista, a capacidade e o liderado ou a provisionalidade, os manexos ocultos e a inconsistencia; optaremos pola participación e o protagonismo da militancia ou polas decisións tomadas nun sanedrín reducido e de costas ás bases; estaremos por unha unidade reforzada e acompañada pola rexeneración da política ou seguiremos na deslealdade, a descalificación e na división do partido e do grupo parlamentario.

Temos ambición de futuro e optaremos polo que será o próximo Presidente da Xunta de Galicia ou eleximos manternos na oposición varias lexislaturas máis.

Decantémonos pola ilusión, a esperanza, a consistencia, o proxecto compartido, a forza, a convicción, a credibilidade e a confianza. En definitiva, votemos a Gonzalo Caballero.

Comentarios