Opinión

Ausencia inxustificada

“E PARA comer Lugo...” é un lema con tirón, moi arraigado nos lucenses, que cada ano nos sentimos sorprendidos por ver como a Guía Michelin esquece á nosa provincia. É como se tivésemos que conformarnos con ter algunhas das marisquerías mellores de España ou algúns santuarios carnívoros de primeiro nivel. O primero sentimento é de decepción. Cremos que os inspectores das Estrelas Michelin son ruíns ao deixar algúns dos nosos restaurantes máis senllerios fóra da biblia vermella. Se hai calidade no produto, cal é o atranco? Tanto no eido da cociña máis tradicional, como na innovadora, hai mimbres para acadar algunha estrela da 'biblia roxa'. O problema radica na pouca sona dos nosos restaurantes no exterior, unida á falta de interese dalgúns dos nosos grandes hostaleiros de posicionarse nunha guía de gran efecto chamada e á dificultade de manter unha restauración de luxo nunha contorna menos poboada e máis deprimida que as cidades e vilas do Eixo Atlántico. Malia estas eivas, a ausencia de Lugo non ten xustificación.

Comentarios