domingo. 29.11.2020 |
El tiempo
domingo. 29.11.2020
El tiempo

San Vicente

É UNHA aldea do Grove que se abre aos mares de Sálvora e Ons, un enclave turístico no que aínda permanece a estrutura da aldea que foi. As casas primixenias van caendo e os seus muros medran máis alá da normativa ocultando o novo, pero todavía permanecen pedras, camiños, recunchos cos que se poden reconstruír a harmonía que houbo na correspondencia da aldea coa natureza. Pero quédalle pouco. Levamos desde mediados do século XX perseguindo calquera vestixio do pasado coa mesma meticulosidade e saña con que tratamos de aniquilar calquera espazo natural. A Xunta ten a responsabilidade de salvar San Vicente do Grove, ten que deter a súa destrución e a da súa contorna. Sería, ademais, un grande investimento turístico. A ver se así é. 

San Vicente
Comentarios