Opinión

Posverdade

CANDO ESCOITEI a María Dolores de Cospedal dicir nun mitin que o PP era o partido dos traballadores non sabía que iso era posverdade. Pensei mal, a verdade. Pois pensaba que aquilo era unha mentira, unha distorsión e manipulación dos feitos e da verdade. Que houbera moitos, moitísimos, traballadores que votaban ao PP non podía entenderse como que o PP era o partido dos traballadores. Para min que era una falacia. Equivoqueime, era a posverdade, que é outra cousa, ainda que sexa o xeito politicamente correcto de dicir mentira, engano, falsidade.

Comentarios