sábado. 19.06.2021 |
El tiempo
sábado. 19.06.2021
El tiempo

Obxectivos

VIMOS ENTREGÁNDONOS con tenacidade ás novas tecnoloxías, facendo do ordenador e do móbil instrumentos de cotío, imprescindibles na nosa vida. E co seu uso definímonos, deixamos o rastro do que somos. Sábeno todo de nós. Saben incluso o que queremos saber. Por iso lograron influír en acontecementos de importancia mundial, como fixo Putin a través da internet nas eleccións norteamericanas, no Brexit, na evolución da extrema dereita en Europa. Cruzarán datos, mellorarán as súas aplicacións e acabarán por individualizar os seus obxectivos. Que seremos vostede o eu. Cóidese.

Obxectivos
Comentarios