viernes. 18.09.2020 |
El tiempo
viernes. 18.09.2020
El tiempo

O monte

O MONTE non ten quen o pense. Foi o peto para as urxencias e agora é a leñeira para a cociña de ferro, non dá para máis. O monte xa non é o que era. A madeira non se paga, nin a boa. A especie máis rendible, se non se ten en conta o mal que fai, é o eucalipto. Una hectárea ben plantada e ben coidada de eucalipto dá, no mellor dos casos e segundo o fragueiro, entre 6.000 e 9.000 euros euros ao cabo de vinte anos. É dicir, entre 300 e 450 euros ao ano. Nin siquera paga o traballo que dá. E moito menos o mal que fai. E que non cho queimen. Os ecoloxistas de Adega acaban de propoñer un imposto verde para o eucalipto, para favorecer a plantación doutras especies. Xa hai que o Concello de Meis, en Pontevedra, decidiú prohibir que se planten pinos e eucaliptos no municipio pero non fai nada para que a xente lle faga caso. A Xunta pensa potenciar o sector agroforestal repartindo cartos da UE. Parece que as árbores non nos deixan ver o bosque.

O monte
Comentarios