Opinión

Graffitis

ANTES DE Twiter xa estaba o graffiti, a pintada, como mensaxe breve e contundente. “Morte ao porco de Carrillo”, pintaron en Madrid nos setenta e alguén advirtiu debaixo: “Ollo, Carrillo! Quérenche matar o porco”.  Son mensaxes directas. Inxeniosas ás veces, outras non. Outras son un simple anuncio: “Lola cásase”. Juan Torres, o catedrático de Economía, colecciona graffitis.  Gústalle. Hai uns días, para unha entrevista, seleccionaba un: “Mil vidas que tivera, mil vidas que te amaría”.  A Torres parécelle unha maravilla.  A min tamén.

Comentarios