Opinión

PSOE, menos enganos e máis solucións

Vista aérea del puerto y la factoría de Alcoa en San Cibrao. AEP
photo_camera Vista aérea del puerto y la factoría de Alcoa en San Cibrao. AEP

O PSOE é un perigo para a industria deste país, os últimos acontecementos da fracasada poxa que o goberno socialista acaba de sacar dan a razón ao que o Partido Popular da Mariña que leva apercibindo varios meses e que agora o novo comité de empresa tamén comparte .

PSOE e Podemos teñen un acordo para realizar unha transición enerxética express e ideolóxica, coa única intención de adueñarse da bandeira neoecoloxista que rezuma dunha parte da sociedade máis preocupada no postureo que dos problemas básicos  que temos por diante.

A transición enerxética da que se fala non é algo novo, levamos anos e moito diñeiro reparando a nosa industria para loitar contra a contaminación, reducir a produción de CO2 adaptándose extrictamente aos protocolos establecidos polas autoridades internacionais, introducindo enerxías limpas dunha forma progresiva e compatible coa competitividade das nosas empresas e o mantemento do emprego.

Dende que Sánchez entrou no goberno estanse tomando medidas extremas no modelo enerxético, ordénase o peche das centrais térmicas que fixeran inversións millonarias para seguir producindo ata o 2030 pero paradóxicamente cómprase esa mesma enerxía a centrais de Marrocos. Por outro lado todo o que teña que ver coa enerxía nuclear demonízase e en cambio seguimos comprándolla a Francia á que ademais mandamos os poucos residuos que xeramos e pagando o respectivo aluguer e penalízase o gasóil para o transporte atacando a industria automobilística, referencia deste país. 

O modelo enerxético dun páis, e máis o de España que é unha illa enerxética, debe ser equilibrado mesturando todas as fontes e buscando a maior efectividade das mesmas, tendendo progresivamente a que as enerxías renovables vaian pouco a pouco ocupando o espazo que deixan as de combustibles fósiles segundo vaian rematando a súa vida útil, e paralelamente ao que vaian facendo os países máis industrializados para manternos coas mesmas condicións de custe e competencia.

Querer entrar antes nunha transición express como a que está aplicando o PSOE estanos levando a que as nosas empresas non están sendo capaces de adaptarse a un prezo da enerxía elevada porque os seus competidores teñen menos custes, o que fai que trasladen as súas producións a países que lles ofrecen a enerxía máis económica.
Levannos enganado co Estatuto máis de un ano, coa única escusa de que están en funcións.

Alguén cre que empresas como Alcoa, Ferroatlantico, Arcelor, Megasa, etc, etc, poden estar esperando un ano por unha decisión que en outros países se toma en 15 días?

E para rematala sacan unha poxa de interrumpibilidade de final de ano ridícula, que os deixa moito peor que os últimos anos, en contra do que levan prometendo os responsables socialistas mariñás concentración tras concentración.

É penoso ver a Alcaldes do PSOE, ao propio presidente da Deputación ou a subdelegada do Goberno poñerse diante das pancartas que piden unha enerxía competitiva e unha transición enerxética xusta e por outro lado xustifican e aplauden as decisións de Sánchez obsesionado con ser o solucionador mundial do cambio climático dende Madrid.

Srs do Psoe, cantas veces máis temos que escoitar os seus enganos? Todo o mundo sabe, e aí están as declaración dos representantes dos traballadores que vostedes son os causantes da grave crise que está a pasar a nosa industria pola fatídica Transición enerxética fundamentalista que están a aplicar , deixense de postureos e tomen as solucións que traballadores, empresas e Xunta de Galicia lle puxeron na mesa fai meses.

Comentarios